Mostrando las entradas con la etiqueta historia. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta historia. Mostrar todas las entradas
11/6/07
os moinos
no porrino ay moitos moinos algun estan amanados e outros non os de chenlo estan moiben amanados algun moe e outros non ,os de pontellas necesitan amanados os moinos son parte da vida dos nosos abos .cando eles tinan que ir moer
25/5/07
Unha Pinga de Pasado
O 26 de Setembro do 1908, coincidindo coa festa patronal de Santo Cristo celebrouse a inaguración do suministro e alumeado eléctrico da vila.
As esmorecidas ou febles luces de gas deixaban paso ao invento de Edison cunha iluminación formada por 7oo lámpadas que adornaban a capela.
Esta obra culminou un ano mais tarde no barrio de San Benito.

MUIÑOS DE AUGA
¿Qué son?
O muiño hidráulico é unha máquina que utiliza a forza da auga do río para moer gran. A forza da auga fai mover dúas grandes pedras e no medio o gran convértese en fariña (sexa de centeo,trigo ou millo).
Tipos
Os muiños reciben varias clasificacións segundo sexan "de cubo" ou "de canle". Os de canle son máis frecuentes. Nos "de cubo", antes de entrar a auga, teñen un pozo de tres ou catro metros onde se encora a auga, para saír logo con presión (utilízase en ríos de pouco caudal). O normal é un sistema mixto.
Os muiños poden ser comunitarios. Neste caso cada veciño/a dispón dunhas horas prefixadas para usalo e reciben o nome de muiños de herdeiros. Tamén poden ser de propiedade particular e entón reciben o nome de maquías por chamarse así a cantidade de gran que cobran por moer. A maquía era sobre unha libra (600 grs. por cada once kilos).

RESTAURACION DOS MUIÑOS DO PORRIÑO POLAS ESCOLAS OBRADOIRO
No Porriño temos case un centenar de muíños catalogados, a maioria de mais de 100 anos. Están espallados polas parroquias de Cans, Budiño, Atios, Mosende, Pontellas e Chenlo. No ano 2001 organizaronse as Escolas Obradoiro e Obradoiros de Emprego, destinadas a formación de homes e mulleres, a maioría mulleres, nas especialidades de cantería, carpintería, albanelería, e medio ambiente-forestal. Un dos traballos realizados por estes Obradoiros e a restauración dos muíños. Levan restaurados 43 muíños. En Atios levan restaurados 7 muíños, situados nos "Muíños do Castro". En Budiño 7 muíños situados nos "Muíños do Cotiño". E arranxaron a maquinaria dos Muíños da Coxa e do Cotiño. No muíño de Carreira destacan os 15 metros canalización de pedra. En Cans 5 muíños situados nos "Muíños das Laxes". Están cerca do sendeiro das Greas. En Pontellas 7 muíños situados nos "Muíños do Outeiro".Os Muíños Costeira de Arriba e Costeira de Arriba están reconstruídos nunha ladeira cunha pendente pronunciada. En Chenlo 8 muíños situados nos "Muíños de Filgueiras", arredor do río Vello. En Mosende 9 muíños situados nos "Muíños de Costeira", que se atopan no monte da Cañota. Estes muíños teñen forma de cubo cilíndrico, que dende o punto de vista arquitectónico, sexan os de maior valor e maior interese. UN POBO QUE NON COIDA O SEU PATRIMONIO, ESQUECE A SÚA HISTORIA.
Como funcionan os muíños das parroquias do porriño
Pezas do muíño
- Canle
- Inferno
- Arrieiro
- Rá
- Rodicio
- Touzo
- Beo
- Pé
- Moa
- Segorella
- Moega
- Espicela
- Abella
- Quenlla
- Tarabelo
- Cruz
- Erguedoiro
¿Como funcionan?
A forza da auga que entra pola canle(1)
Move o rodicio(5)
Ao chocar coas súas aspas.Transmitíndose así un movemento de rotación a través do touzo
e o beo (6,7)
Que logra facer xirar a moa (9)
O gran depositado na moega(11)
Baixa pola quenlla(14)
Lixeiramente balanceada polo tarabelo(15)
E remata triturado entre estas dúas pedras.
O río recóllese nunha presa, logo desvíase por un rego ata un tanque por onde a auga
penetra con forza no muíño para mover o rodicio.
Normalmente faise tamén un quebradoiro para desviar outrar vez a auga ao río.
Valor Etnográfico Dos Muíños Do Porriño

Normalmente os muíños están en paraxes de montes sen construcións preto, e o muíño implicou un cambio radical da zona ao ter que facer camiños,presa acceso,modificacións do río,etc.
Os muíños foron moi importantes na economía e no desenvolvemento da vida nas aldeas,así como do seu folclore,e das súas lendas. No muíño xurdiron cancións, refráns, contos e ata una danza:" a muiñeira". Unha muiñada era unha antiga Xuntanza festiva de mozos e mozas en torno os muíños , mentres se esperaba pola vez para moer.
Trátase polo tanto dun patrimonio que non se debe perder. Un pobo que non coida o seu patrimonio , esquece a súa historia. Por iso é de destacar a influencia que historicamente tivo a instalación dun muíño nunha zona do río .

10/5/07
O PORRIÑO NO TEMPO
| Acontecementos históricos do porriño. 1470 - D.Manuel Bueno funda o pobo de Pontellas.No ano 1479 funda a "Casa do Agro" 1516- Aparece por primeira vez o nome de Porriño expresado nunha escritura publica. 1788- No barrio dos Aloques existía unha casiña de planta baixa, adicada á elaboración de pan. No ano 1820 o pan do Porriño adquiria fama en tódolos pobos á redonda. 1809- Batalla do "Fungueiro" contra as tropas de Napoleón. O pobo de Torneiros, defendeuse valentemente. 1878- Chega por primeira vez o tren ó Porriño. 1898- Empeza as obras da " Capela do Cristo " que rematan no ano 1899 1906- Pavimentan con adoquins a calle Real, hoxe chamada Ramón González e Manuel Rodríguez. 1908- A víspera da Festa do Cristo inagurase o alumbrado electrico, deixando de lado as luces de gas. 1916- Ábrese o primeiro cine,ó que chaman, " Teatro Cine Carrera ". 1924- Inaguración da actual " Casa do Concello " obra de Antonio Palacios. 1928- Inaguracion do Matadeiro. 1939- Creación dos laboratorios Zeltia. |
a |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)