Mostrando las entradas con la etiqueta personaxes ilustres. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta personaxes ilustres. Mostrar todas las entradas

10/5/07

ANTONIO PALACIOS 4


Este pavillón de acceso ó "Metro" situado na Gran Vía madrileña, trasládase a O Porriño no ano 1971, despois dunha campaña de protesta iniciada polo arquitecto Carlos de Miguel, director da revista Arquitectura e polo Colexio de Arquitectos de Madrid, ó decidi-la Compañía do Metropolitano prescindir do mesmo, o que implicaba a súa desaparición.

ANTONIO PALACIOS 3


A Fonte do Cristo é obra de Antonio Palacios (1874-1945), e foi proxectada no 1904. Aséntase nunha pequena prazoletiña homónima en recordo dun antigo cruceiro situado no lugar que actualmente ocupa a fonte e que hoxe en día está disposto na praza que se estende ás súas costas. A construcción da fonte enmárcase dentro do programa de melloramento do espacio urbano da vila porriñesa, posibilitado pola doazón que Servando Ramilo Nieves fai no ano 1899 dunha franxa de terreo a redor da Capela do Cristo para uso comunitario, sufragando, ademais, a construcción do quiosco de música, de árbores e bancos, acadando a Praza do Cristo a súa configuración actual.

ANTONIO PALACIOS 2


O edificio do Concello do Porriño (1919-1924) é a obra máis importante de Antonio Palacios na súa vila natal. Este proxecto debeu ter un significado especial para o arquitecto, xa que ademais de ser nel onde concreta por primeira vez unha arquitectura que consideraba de raíces galegas, foi unha obra dedicada á súa nai. A idea da construcción dun novo edificio ven dada polo estado ruinoso que presentaba a vella casa consistorial, erguéndose a nova edificación no solar onda se localizaba o vello edificio do Concello.

ANTONIO PALACIOS 1

Imos publicar una serie de obras do afamado arquitecto Antonio Palacios, esperemos que vos interese velaí vai a primeira parte.

Obra de Antonio palacios (1874-1945) rematada no ano 1912 como farmacia e vivenda do seu irmán José Palacios nun pequeno solar situado no ángulo da Rúa Servando Ramilo co Parque do Cristo. Palacios deseña unha obra sinxela pero chea de modernidade que fai dubidar do matiz monumentalista do que sempre foi acusado. Esta pequena farmacia amosa tamén a grande facilidade do arquitecto para amoldarse a cada situación.