31/5/07

cursillo de informatica


Un obradoiro mais (ou menos)


Onte rematamos un curso mais de iniciación a internet para as ANPAS. Os obradoiros van pasando un detrás do outro, e con eles os seus participantes. A verdade é que moitas veces da pena sobre todo polos bos momentos pasados. Aquí vos deixo unha foto dos asistentes (mágoa que Beli non puidera vir o último día), el@s son de esquerda a dereita, Miguel, Begoña, Ángeles (agachada), Begoña, Nunci e Antonio. Un saúdo a tod@s el@s e lembrarvos que para calquer dúbida ou consulta xa sabedes como localizarme, estarei encantado de atendervos. Para iso estou.

29/5/07


¡ GUAPOS !

28/5/07

Malvela

No Val da Louriña, no concello de Mos, na parroquia de Sanguiñeda formouse un grupo de mulleres Rurais que se fan chamar Malvela.
E comezando como un cursiño para cantar entre elas ,dirixido por Uxía Senlle foise formando este precioso grupo de mulleres cheas de vivenzas e alegría.
De tal forma que se lanzaron a grabar o seu primeiro disco chamado "O pano no me namora", o cal tivo moito éxito.Pois é moi alegre.
Pro Nadal animaronse a grabar un de paixoliñas co nome "O Aghinaldo",e con el un DVD grabado con elas que quedou moi cercano a todos para poder recordar os antigos Nadales da nosa Terra.
E agora acaban de editar o terceiro CD con DVD chamado "Da tua xanela a miña".

O DVD o cal vin gustoume pois esta feito con moito agarimo.E o CD está arranxado con esmero e arroupado cuns acompañantes en voces e música excelentes, entre outros atopamos a Uxía, Treixadura,Mercedes Peón, Caruncho, Canario de Viana, e unha canción cos seus netos de 4 a 12 anos moi bonita para o recordo.
So decir ; gracias a miña nai Silvina, pois formando parte de Malvela ,o que vivides e disfrutades hoxe o deixades nas nosas memorias, ollos e corazón para sempre.

E sin darse conta estades enriquecendo a nosa cultura.
Unha lembranza especial a Matilde
NORABOA MALVELA.

25/5/07

Unha Pinga de Pasado

O 26 de Setembro do 1908, coincidindo coa festa patronal de Santo Cristo celebrouse a inaguración do suministro e alumeado eléctrico da vila.
As esmorecidas ou febles luces de gas deixaban paso ao invento de Edison cunha iluminación formada por 7oo lámpadas que adornaban a capela.
Esta obra culminou un ano mais tarde no barrio de San Benito.

MUIÑOS DE AUGA

¿Qué son?

O muiño hidráulico é unha máquina que utiliza a forza da auga do río para moer gran. A forza da auga fai mover dúas grandes pedras e no medio o gran convértese en fariña (sexa de centeo,trigo ou millo).


Tipos

Os muiños reciben varias clasificacións segundo sexan "de cubo" ou "de canle". Os de canle son máis frecuentes. Nos "de cubo", antes de entrar a auga, teñen un pozo de tres ou catro metros onde se encora a auga, para saír logo con presión (utilízase en ríos de pouco caudal). O normal é un sistema mixto.
Os muiños poden ser comunitarios. Neste caso cada veciño/a dispón dunhas horas prefixadas para usalo e reciben o nome de muiños de herdeiros. Tamén poden ser de propiedade particular e entón reciben o nome de maquías por chamarse así a cantidade de gran que cobran por moer. A maquía era sobre unha libra (600 grs. por cada once kilos).

RESTAURACION DOS MUIÑOS DO PORRIÑO POLAS ESCOLAS OBRADOIRO

No Porriño temos case un centenar de muíños catalogados, a maioria de mais de 100 anos. Están espallados polas parroquias de Cans, Budiño, Atios, Mosende, Pontellas e Chenlo. No ano 2001 organizaronse as Escolas Obradoiro e Obradoiros de Emprego, destinadas a formación de homes e mulleres, a maioría mulleres, nas especialidades de cantería, carpintería, albanelería, e medio ambiente-forestal. Un dos traballos realizados por estes Obradoiros e a restauración dos muíños. Levan restaurados 43 muíños. En Atios levan restaurados 7 muíños, situados nos "Muíños do Castro". En Budiño 7 muíños situados nos "Muíños do Cotiño". E arranxaron a maquinaria dos Muíños da Coxa e do Cotiño. No muíño de Carreira destacan os 15 metros canalización de pedra. En Cans 5 muíños situados nos "Muíños das Laxes". Están cerca do sendeiro das Greas. En Pontellas 7 muíños situados nos "Muíños do Outeiro".Os Muíños Costeira de Arriba e Costeira de Arriba están reconstruídos nunha ladeira cunha pendente pronunciada. En Chenlo 8 muíños situados nos "Muíños de Filgueiras", arredor do río Vello. En Mosende 9 muíños situados nos "Muíños de Costeira", que se atopan no monte da Cañota. Estes muíños teñen forma de cubo cilíndrico, que dende o punto de vista arquitectónico, sexan os de maior valor e maior interese. UN POBO QUE NON COIDA O SEU PATRIMONIO, ESQUECE A SÚA HISTORIA.

Como funcionan os muíños das parroquias do porriño

Pezas do muíño
  1. Canle
  2. Inferno
  3. Arrieiro
  4. Rodicio
  5. Touzo
  6. Beo
  7. Moa
  8. Segorella
  9. Moega
  10. Espicela
  11. Abella
  12. Quenlla
  13. Tarabelo
  14. Cruz
  15. Erguedoiro

¿Como funcionan?

A forza da auga que entra pola canle(1)

Move o rodicio(5)

Ao chocar coas súas aspas.Transmitíndose así un movemento de rotación a través do touzo

e o beo (6,7)

Que logra facer xirar a moa (9)

O gran depositado na moega(11)

Baixa pola quenlla(14)

Lixeiramente balanceada polo tarabelo(15)

E remata triturado entre estas dúas pedras.

O río recóllese nunha presa, logo desvíase por un rego ata un tanque por onde a auga

penetra con forza no muíño para mover o rodicio.

Normalmente faise tamén un quebradoiro para desviar outrar vez a auga ao río.

Valor Etnográfico Dos Muíños Do Porriño


Normalmente os muíños están en paraxes de montes sen construcións preto, e o muíño implicou un cambio radical da zona ao ter que facer camiños,presa acceso,modificacións do río,etc.
Os muíños foron moi importantes na economía e no desenvolvemento da vida nas aldeas,así como do seu folclore,e das súas lendas. No muíño xurdiron cancións, refráns, contos e ata una danza:" a muiñeira". Unha muiñada era unha antiga Xuntanza festiva de mozos e mozas en torno os muíños , mentres se esperaba pola vez para moer.
Trátase polo tanto dun patrimonio que non se debe perder. Un pobo que non coida o seu patrimonio , esquece a súa historia. Por iso é de destacar a influencia que historicamente tivo a instalación dun muíño nunha zona do río .

Escola Municipal de Música

A escola Municipal de Música é heredeira do desaparecido Conservatorio. Está dirixida na actualidade por Carlos González Crespo.
Esta escola cumpre unha función moi importante na vila, xa que ata o momento da súa apertura non existía ningún centro de ensino que ofrecese estudos musicais.
Por iso dende este blog, un grupo de nais, pais e usuarios da escola, solicitamos ao Concello que remedie a maior brevedade as moitas deficiencias que ten a escola e medie coa Xunta do establecemento da titulación oficial do grao elemental e grao medio.

22/5/07

Fin de obradoiro



Hoxe remata o primeiro obradoiro de iniciación a internet no Porriño, por ese motivo e por imitación dos nosos veciños de Mos, participantes do blog, publicamos esta foto cos asistentes ao obradoiro. El@s son Margot, Raquel, Mely (no colo de Margot), Josefa, Miguel (o dinamizador) e Mónica. Mágoa polos que faltaron hoxe, un saúdo a eles, noraboa a Mely pola memoria usb e gracias a tod@s por faceres tan agradable este obradoiro.

14/5/07

Saudos dende Mos

Ola a tod@s!! Quero felicitarvos polo blog que estades elaborando, vese que lle poñedes interese ao que facedes. En Mos xa vos estamos lendo e intentaremos que esta semá xa teñades algún comentario aos vosos posts :)

Quero recordarvos que este xoves é o día das Letras Galegas pero tamén o día Internacional de Internet, por certo, que actividades tendes preparadas en Porriño para ese día?

Un saudo e noraboa outra vez polo voso esforzo e dedicación a este proxecto.

10/5/07

O GALEGO NA ESCOLA: Internet/galego.

Coincidencias: curiosamente este ano coincide o día das letras galegas co "día mundial de internet".
Nas comunidades educativas do noso entorno xeográfico xa comenzaron a "celebralo".

ANTONIO PALACIOS 4


Este pavillón de acceso ó "Metro" situado na Gran Vía madrileña, trasládase a O Porriño no ano 1971, despois dunha campaña de protesta iniciada polo arquitecto Carlos de Miguel, director da revista Arquitectura e polo Colexio de Arquitectos de Madrid, ó decidi-la Compañía do Metropolitano prescindir do mesmo, o que implicaba a súa desaparición.

Cursos informáticos

Estos cursos estan moi bien son unha experencia moi bonita porque aprendes moitas cousas e fas compañeiras aprendemos a mandar correos e entrar en páxinas e moitas cousas mais.

ANTONIO PALACIOS 3


A Fonte do Cristo é obra de Antonio Palacios (1874-1945), e foi proxectada no 1904. Aséntase nunha pequena prazoletiña homónima en recordo dun antigo cruceiro situado no lugar que actualmente ocupa a fonte e que hoxe en día está disposto na praza que se estende ás súas costas. A construcción da fonte enmárcase dentro do programa de melloramento do espacio urbano da vila porriñesa, posibilitado pola doazón que Servando Ramilo Nieves fai no ano 1899 dunha franxa de terreo a redor da Capela do Cristo para uso comunitario, sufragando, ademais, a construcción do quiosco de música, de árbores e bancos, acadando a Praza do Cristo a súa configuración actual.

ANTONIO PALACIOS 2


O edificio do Concello do Porriño (1919-1924) é a obra máis importante de Antonio Palacios na súa vila natal. Este proxecto debeu ter un significado especial para o arquitecto, xa que ademais de ser nel onde concreta por primeira vez unha arquitectura que consideraba de raíces galegas, foi unha obra dedicada á súa nai. A idea da construcción dun novo edificio ven dada polo estado ruinoso que presentaba a vella casa consistorial, erguéndose a nova edificación no solar onda se localizaba o vello edificio do Concello.

ANPA "A Oliveira"

Onte no CEIP. XOSÉ FDEZ. LÓPEZ houbo unha reunión da ANPA "A Oliveira" para tratar temas de grande interese para a comunidade educativa deste colexio.
Unha das preocupacións máis comentadas foi a renovación da xunta directiva, que non acadou unha resolución positiva.

O PORRIÑO NO TEMPO

Acontecementos históricos do porriño.
1470 - D.Manuel Bueno funda o pobo de Pontellas.No ano 1479 funda a "Casa do Agro"
1516- Aparece por primeira vez o nome de Porriño expresado nunha escritura publica.
1788- No barrio dos Aloques existía unha casiña de planta baixa, adicada á elaboración
de pan. No ano 1820 o pan do Porriño adquiria fama en tódolos pobos á redonda.
1809- Batalla do "Fungueiro" contra as tropas de Napoleón. O pobo de Torneiros, defendeuse
valentemente.
1878- Chega por primeira vez o tren ó Porriño.
1898- Empeza as obras da " Capela do Cristo " que rematan no ano 1899
1906- Pavimentan con adoquins a calle Real, hoxe chamada Ramón González e Manuel Rodríguez.
1908- A víspera da Festa do Cristo inagurase o alumbrado electrico, deixando de lado as luces de gas.
1916- Ábrese o primeiro cine,ó que chaman, " Teatro Cine Carrera ".
1924- Inaguración da actual " Casa do Concello " obra de Antonio Palacios.
1928- Inaguracion do Matadeiro.
1939- Creación dos laboratorios Zeltia.
a

CURSIÑO DE RELAXACIÓN NO CENTRO SOCIAL

Hoxe comenza un cursiño de "Relaxación. Control do estrés e a ansiedade en época de exames", no Centro Social do Porriño, de 7 a 9 da tarde para persoas maiores de 14 anos. Xa sabedes, si queredes facer un alto no estudio e aprender unhas boas técnicas que vos axudarán no futuro, non dubidedes en apuntarvos e participar.

OS PORRIÑESES

Teño que escribir algo sobre O Porriño, o meu pobo. Podería escribir dos seus personaxes ilustres, que os ten, como o aquitecto Antonio Palacios; ou da súa natureza e faría referencia ás Gándaras de Budiño, un espacio natural protexido, de gran importancia ecolóxica. Tamén da súa gastonomía e ahí teríamos ós seus afamados callos ou a bola de pan.

Pero sobre estos temas xa teñen escrito moitas persoas moito máis cualificadas ca min.Por iso, simplemente, o que vou a facer é dar unhas pinceladas acerca de cómo eu creo que somos os porriñeses.

Penso que somos un pobo aberto, acolledor, onde ninguén é forasteiro. Isto pode ser debido a nosa situación xeográfica, de encrucillada de camiños, que fai de nós xente acostumada a recibir viaxeiros e a súa vez a ir e vir por esos camiños que cruzan o noso concello, traendo e levando costumes e experiencias doutros lugares.

Tamén somos traballadores, xente laboriosa que co seu esforzo cotián somos capaces de levar o noso pobo adiante, cando as cousas non veñen ben.

A EDUCACIÓN DOS NOSOS FILLOS

Onte, día 9 de maio foi convocada unha reunión no colexio Fdez. López pola Asociación de pais de alumnos para mostrar cómo están as contas, e algunhas cousiñas máis.

Teño entendido que hai sobre uns 205 socios, polo tanto imaxinaredes que deberían asistir a reunión bastantes persoas. Pois ben, seriamos unhas 20 persoas.

Había dúas convocatorias. e os que chegamos para a primeira tivemos que esperar a segunda para empezar pq non había xente.

3 das integrantes da Asociación deixan o cargo este mes, e pediuse xente nova para ocupar os seus postos cara o vindeiro curso. Polo de agora ninguén se ofreceu.

Despois comentaron a intención de conseguir uns chandals para todos os nenos do colexio, para as clases de ximnasia e para as saídas fora do colexio. Deron os prezos máis económicos que poideran conseguir, e avisando que poderían sair máis baratos se se conseguen subvencións.
Algún pai xa dixo que non e outro que sí.

De todas maneiras, farase un sondeo para saber qué opina a maioría. Non hai nada decidido.

O que me parece máis preocupante de todo isto é que apareceran estas poucas persoas, e imaxinaredes que non son suficientes para tomar decisións. Veremos en qué queda a cousa.

ANTONIO PALACIOS 1

Imos publicar una serie de obras do afamado arquitecto Antonio Palacios, esperemos que vos interese velaí vai a primeira parte.

Obra de Antonio palacios (1874-1945) rematada no ano 1912 como farmacia e vivenda do seu irmán José Palacios nun pequeno solar situado no ángulo da Rúa Servando Ramilo co Parque do Cristo. Palacios deseña unha obra sinxela pero chea de modernidade que fai dubidar do matiz monumentalista do que sempre foi acusado. Esta pequena farmacia amosa tamén a grande facilidade do arquitecto para amoldarse a cada situación.

7/5/07

Benvidos

!!! Benvidos a todos !!! Hoxe comeza a editarse esta bitácora que falará sobre o concello do Porriño en tódolos seus eidos: historia, tradicións, personaxes ilustres, novas...

Serán os propios cidadáns do concello, que participen nas actividades relacionadas con internet da rede de dinamización, os que fagan as publicacións.

Este blog ten como punto de partida a celebración o vindeiro día 17 de maio do Día das Letras Galegas, do Día de Internet e do día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.

O noso esforzo centrarase en conectar dous concellos como son o de Mos e o de O Porriño e crear unha ligazón on-line entre os seus veciños a través dos posts que cada semana iremos engadindo.

A todos aqueles que vaiades aportando as vosas inquedanzas neste espazo moitas grazas e sorte.