Onte, día 9 de maio foi convocada unha reunión no colexio Fdez. López pola Asociación de pais de alumnos para mostrar cómo están as contas, e algunhas cousiñas máis.
Teño entendido que hai sobre uns 205 socios, polo tanto imaxinaredes que deberían asistir a reunión bastantes persoas. Pois ben, seriamos unhas 20 persoas.
Había dúas convocatorias. e os que chegamos para a primeira tivemos que esperar a segunda para empezar pq non había xente.
3 das integrantes da Asociación deixan o cargo este mes, e pediuse xente nova para ocupar os seus postos cara o vindeiro curso. Polo de agora ninguén se ofreceu.
Despois comentaron a intención de conseguir uns chandals para todos os nenos do colexio, para as clases de ximnasia e para as saídas fora do colexio. Deron os prezos máis económicos que poideran conseguir, e avisando que poderían sair máis baratos se se conseguen subvencións.
Algún pai xa dixo que non e outro que sí.
De todas maneiras, farase un sondeo para saber qué opina a maioría. Non hai nada decidido.
O que me parece máis preocupante de todo isto é que só apareceran estas poucas persoas, e imaxinaredes que non son suficientes para tomar decisións. Veremos en qué queda a cousa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
iso e normal, eu son do a.n.p.a Castelao e sempre que facemos charlas ou asambleas xerais, non vai case ninguen.
Publicar un comentario