27/8/07

avd.degalicia

Estava pensando que la Avd. de Galicia me parece hasta bonita. Pero me preguntaba quien serian los arquitectos, ingenieros y políticos que participaron en esto. No se enteraron todavía que para haceder al pueblo tenemos que rodear el pueblo (los del pueblo son los únicos contentos porque se le quito el trafico del centro), pero se olvidaron de las parroquias o aldeas como prefieran llamarlas que tenemos más habitantes que en el llamado pueblo. Y por circunstancias que todos saben tenemos que bajar al pueblo. Nos pasamos tiempo y tiempo en las colas de dicha Avd., para hacer recados que nos llevan menos tiempo que llegar. Otro problemas es cuando llueve (Que en gálica es a menudo) pero dichos tecnicos juraría que son del sur. En la Avd. se inundan los carriles y transitar con los coches es todo un problema y todo por no poner unos desagües mayores. Y el colmo es cuando una ambulancia quiere pasar o si tuvieran que hacerlo los bomberos, con todo ese trafico que le resultaria imposible moverse, ya que los coches no pueden subirse a las aceras porque están muy altas ¿lo han intentado? yo si pero con un todo terreno para dejar paso a la ambulancia, los otros autos se paraban en las entradas de los garajes o en el estacionamiento del autobús, "de pena" si lo ven. Ese céped podría servir para hacer un carril opcional según las necesidades del trafico en cada momento. Haber quien es el valiente que lo soluciona.........

6/8/07

Pavillon Metropolitano

skip to main skip to sidebar
jueves 2 de agosto de 2007

Pavilllon Metropolitano
Este pavilon de aceso "METRO" Situdo na gran viamadrileña. Trasladandose a O Porriño no ano 1974, despois dunha campaña de protesta polo arquitecto Carlos Miguel.O pavillon proxectdo por Palacios no ano 1919, estaba composto por duas estructuras diferentes unha de granito moi traballado e outra de ferrro forxado e cristral, a modo de marquesina lixeiramente inclinado para evitar a auga da choiva, Sen embargo no traslado perdeuse a extructura de ferrro polo que o pavillon aparece mutilado, perdendopse unha das suas principais caracteristicas a harmonia e perfecta simbiosis entre o material petreo e a extructura de ferro e cristal. Destacaba nel a perfecta integracion de materiais comuns a meirande parte das obras do arquitecto porriñes.Por si non o sabes estou falando de ANTONIO PALACIOSQue naceu na actual rua Ramon Gonzalez nº 24.
O arquitecto municipal d. Xose Bar Boo diseñou so en planos unha integración un proxeto da biblioteca que seria ubicado no campo da Feira, pero non foi a diante e ahora e unha obra nunha esquina do parque da Feira , sede de suciedade e abandono, donde antes era admirada agora e indiferente.

18/7/07

AS FAROLAS VELLAS DO PORRIÑO

Esta e unha opinión para que alguén do Concello me faga algun caso.Fai alguns días que asistindo a un curso no Centro Neural, decateime que o lado dunhas xardineiras con plantas moi fermosas, estaban pousadas as vellas farolas que retiraron do centro do Porriño.
Penso que as novas quedaron bastante ben no novo deseño do centro peatonalizado, pero non me gustaría pensar que as vellas morrerán ahi pudrindose co óxido, cando poderían ter unha segunda oportunidade de reciclaxe pois non parecen estar tan mal de uso.
Tamén entereime de que algunha Asociación de Veciños pediunas para o patio/fachada do seu local. Sabemos que si todalas Asociacións de Porriño as quixeran para si, non chegarían para todos, pero si se reparten as farolas para as que mais as necesiten, noutro día se compensaría as Asociacións que quedaron sin as farolas con outro tipo de mobiliario a reciclar.
"Por favor, non deixedes que se corroan co óxido".

2/7/07

parques no poriño

Gustariame que uvese un gran parque para os nenos.e un gran centro comercial,con cines e cafeterias para disfrutar un fin de semana.sin ter que desplazarse a municipios veciños.

Bailes de salon

No concello do Porriño hai varios deportes e actividades ,entre eles bailes de salon ,hai distintos gropos por idades ,as clases son os martes e xoves as cinco do seran son impartidas pola escola de baile Pasos,este ano por primeira vez inscribimos a Marta e algunas compañeiras do colexio nel gustoulle moito o dia 24 de xuño foi o concurso,Marta e asua parexa quedaron no primeiro posto en Cha Cha Cha ,e segundo posto en Samba ,ganaron unha medalla cada unha e copa para as duas ,estan moi contentas o mellor de todo esto e que o curso e gratuito.

Viaxe a Madrid

Tras un pequeno viaxe a Madrid dime de conta que a xente esta collendo un pouco de sentido comun na carretera ,a pesar de alguns que siguen coa suas contumes despois de todo o que dicen e se lee no xornal, por iso siguo revindicando a o sentiido comun de todos os que collemos o coche pra as vacacion do noso merecido descanso dpois da largos dias de trabaxo e sin vivir.





Polo que se alguien lee este bloq pidoxe e pregoxe que queña moito coidado a porse a o volante


pesar de que todos temos coñecementos ou creemos telos polo que amodiño e voa letra pero sin


descoidar no provalo alchol mentras teñas que condicir o sino fai como osque saben de esto que conduza outro que este en condicions pra facelo.





Pero tamen animo a todos os que lle guste conducir no perdan a ocasion de viaxar aunque sexa cerca e pode ver os paraxes que nesta vila temos.

O PORRIÑO vai ben.

Nacín no Porriño, e levo vivindo aquí toda a miña vida. Antes pensaba que o meu pobo non tiña moito do que presumir, pero teño que recoñecer que vai mellorando, xa temos un bo lugar de encontro, só temos que saír a pasear polo centro e sempre atopamos alguén con quen falar, e podemos aproveitar para ir tomar algo a algunha das terrazas . Creo que estamos mellorando , aínda que quedan cousas por facer. Hai que darlle tempo, noraboa seguide así.

o cambio do porriño

Estou totalmente dacordo coa humanizacion do porriño, os nenos poden xogar sen pensar nos coches. Temos un espacio para pasear que botábamolo moito en falta. Tamén quero comentar do paseo da ribeira do río Louro está moi ben, aínda que queda moito por limpar a canle do río, xa o tiñan que facelo hai tempo noraboa para tódolos porriñeses.

O porriño

O porrino é un pobo bonito , aínda que para min necesitaba unha mellora, por axemplo un paseo para xente , con sombras e asentos , centros e parques para xente maior , diversións para xuventude que non teñan necesidade de desprazarse a outras zonas.

as industrias e as suas actividades.

Eu son un defensor do progueso,dos postos de traballo das industrias,pero tamen non esquecer o medio ambiente e o respeto os cidadans que se atopan nos limites dos poligonos.Deveria haber un maior control sobre as industrias que monten de novo ou reformen as instalacions,se preguntaran polo que comento isto, pois o etou vivindo moi de cerca e pese as pertinentes reclamacions e denuncias antes de que reformaran, estan acabando de reformar e de montar todo o necesario pra sua suposta ilegal actividad e despois de sete meses seguen pra diante.
Eu me atopo nun estado de indefensión total.
Non entendo poloque un cidadan se ten que enfrentar a procedementos administrativos e inclusive penais coas administracions publicas sendo que esisten reglamentos neste caso dende o ano setenta e nove chamado RAMIP,o cal e claro e conciso.
Sen máis espero que despois deste breve comentario poda nun futuro funcionar mellor as cousas, gracias.

meu pobo

Ultimamente da gusto pasear polo centro do pobo, e tamén pola veira do río Louro. Temos que seguir traballando para conseguir que todos estemos mais a gusto vivindo nun lugar agradable e comodo, con zoas verdes e xardins e comodo para levar una vida tranquila

centro comercial

me gustaria que porriño tubiera un centro comercial con cine, sus cafeterias, con tiendas de ropa y de calzado, juegos y un supermercado. que guay seria verdad. por que porriño esta progresando mucho.

9º CAMPUS BALONCESTO.

Un ano mais,e xa van nove Campus Baloncesto no Porriño.Onde moitos nenos/as de Porriño,Vigo, Tuy,Ponteareas ect. pasaron.Sempre a semana seguinte de rematar o curso escolar. Son unhas xornadas divertidas ,entretidas,sociales para os nenos/as onde teñen ademais de baloncesto: piscina,manualidades,xogos,excursions,acividades diversas. E para os pais, liberadoras (pensar que son 7 horas ó dia en tempo de vacacions) e o mesmo tempo gratificantes, pois encantanos ver a osnosos nenos/as en as xornadas de" Portas Abertas" imitar a: Pau Gasol,Reyes,Garbajosa,Calderónetc. E quen sabe ,entre tantos nenos e moitos que o levan dentro , se podrá sair algunha que outrafigura. Xa temos alguns potenciais, en cadetes concretamente, que chegaron o Campeonato de España. Este sabado 30 de Xuño rematou a semana bicolor.
Eu ,como nai, felicito e agradézolle a o clube P.B.B. a organización destes Campus , e que os sigan facendo, ainda que cada vez teñan mais competencia. E a eses monitores, que teñen gañado o CEOcoa sua paciencia e dedicación pois son + o - 300 nenos/as.
¡NORABOA! ¡HATA O 10 CAMPUS!

14/6/07

O Porriño

Años atras cuando iba a porriño era una ciudad sin ley aparcaba en dobble fila encima de una acera etc. `nos pasabamos´ y solucionaba mis problemas en un plis plas ahora prefiero no ir tengo que pagar por aparcar cojer tremendas colas y para ir a donde quiero dar la vuelta a todo porriño etc.
Espero solucionen algunos de estos problemas.

el clima

Hace año y medio que vivo aqui, y lo que mas me llama la atencion es el clima.
En verano hace muchisimo calor y en invierno muchisimo frio. Donde yo vivia que era en Vigo y Ramallosa el clima es mas suave, yo creo que es por la proximidad al mar,que suaviza las tenperaturas. Es lo que puedo decir de Porriño, por que la verdad no conozco mucho.

Calle peatonal

Na miña opinion creo que a calle peatonal esta ben porque podes traer os nenos a pasear sen precuparse polos coches.

As tradicions no porriño

Hoxe quero escribir sobre as tradicions do porriño pero en concreto sobre unha de las:AS ALFOMBRAS FLORAIS que dende fai unhs tres anos deixaronse de facer.
Parece ser segun me contaron as persoas que colaboraban nisto que dende o concello deixouse de apoiar as asociacions e as persoas que as facian , eu penso que estas tradicions non se deberan perder son moi bonitas e deberiamos pasalas de pais a fillos espero que o proximo ano as fagan.

13/6/07

viviendas en torneiros

Quisiera expresar mi opinión sobre la paralización de las viviendas de protección municipal y autonòmicas en Torneiros. Los grupos que votaron en contra en el pleno, no se merecen la cofianza de los porriñeses, porque perjudicaron a los porriñeses con menor poder adquisitivo, y los condenaron a tener que quedarse sin vivienda por no poder acceder a la vivienda privada, que por cierto esta a unos precios prohibitivos.

12/6/07

OS PARQUES DE TORNEIROS

Quero facer publico o abandono dos parques de Torneiros,refirome os parques da fase 2,3,e 4 pois sei que hai outro na fase 1 pero ese non o coñezo. O falar do abandono dos parques refirome a o seu mobiliario,os seus xardins por exemplo: no parque da fase 2 o xardin esta ben pero o mobiliario( columpios,tobogans) son antigos e creo que prohibidos pola lei en ningun dos tres parques xa citados hai columpios para os bebes ou nenos menores de tres anos.
No parque da fase 3 o xardin estan moi descuidado o mobiliario esta mais ou menos ben pero no veran non se pode ir ata noite.
O da fase 4 ten a herba sen cortar , hai charcos etc....
Ultimamente visitei parques doutros concellos e estan adaptados para os bebes incluso no chan puxeron unhas losetas de caucho e a si os nenos o cair non se mancan,tamen vin outro que esta cuberto de madeira e a si non pega tanto o sol e podese ir no veran e incluso cando chove.

11/6/07

Ahora que sabemos utilizar Internet ...

Hola qué tal todos?
Agora que xa sabemos cómo empregar internet, moitos de nos atopamos un problema, onde vivimos non podemos acceder a este servicio, e inda que moitos levamos moito tempo solicitándoo, Internet non chega a tódolos rincóns de Porriño, estoume referindo coma sempre ó medio rural. Telefónica está ó tanto pero, de momento non o ve viable, é dicir, económicamente non lle merece a pena; hay otras opcións pero son caras e inda por riba moi lentas. ¿Ocúrreselle a alguén unha solución?
Un saudo para tosos!
Bea

Deporte en Porriño

Actualmente el deporte en porriño esta considerado en un muy buen nivel competitivo pricipalmente las areas de baloncesto y balonmano

los pactos politicos

non me gusta os pactos politicos deberian gobernar o partido mais votado xa que a xente o votou. seria porque lle gustaba po lo que as urnas o dicen todo

cine antonio palacios

antes tiñamos un cine no porriño pero a hora non temos porque derrunbaron o edificio e quedamos sin cine etiñan que facer outro porque a xente do porriño non ten que ir a outros sitios

os moinos

no porrino ay moitos moinos algun estan amanados e outros non os de chenlo estan moiben amanados algun moe e outros non ,os de pontellas necesitan amanados os moinos son parte da vida dos nosos abos .cando eles tinan que ir moer

PBB

PBP:Porriño baloncesto base .O equipo categoria cadete do clube do Porriño parte hoxe cara a Almeria para participar no campionato de España de baloncesto

mos

hola desde un recuncho de mos darlle as grazas a xente que fixo posible este cursiño pois foi moi interesante pois con el aprendin un pouquiño de internet miguel o profe e moi agradable e fixo oposible para que todos poideramos entendelo grazas a todos e espero veros moi pronto

Como esta Porriño

Porriño esta horrible en cuanto a los atascos , desde que anchearon la avenida de Galicia e hicieron peatonal la calle Ramon Gonzalez es un desastre tenian que haber prevenido eso y hacer algo diferente y pensar en la gente que baja de las aldeas

A LOURIÑA E OS SEUS NOMES

Topos é unh palabra grega que significa "lugar" "nome". A toponimia é o conxunto dos nomes dos lugares. a toponimia galega é a máis abondosa da PENINSULA IBERICA, pola dispersión da poboación e polo minifundio. O seu estudio significa desvelar o sentido do nome dos lugares onde vivimos pero tamén sobre nós mesmos xa que nos aporta datos coo as caracteristicas do terreo, a vexetacioón predominante, o tipo de construccións, a historia etc. alguns exemplos poden ser:

-nomes relacionados cos montes 8CANTOÑA-ZONA DE ROCHAS
-nomes de luga que proceden de correntes de auga(CANS-zona de canales
- " " lugares que proceden de nomes vexetaia (AMIEIRO-zona cuberta de amieiros
- " " " que proceden de nomes de animais GULPILLEIRA-espacio habitado por raposas.
-nomes de lugares que proceden de nomes de persoas (CADAVAL-FAMILIA CADAVAL
-nomes de llugares que proceden de santos (SAN ANDRES)
-toponimos derivados da natureza ou das particularidades do terreno.
" " da comunicación (carreira-espacio polo que discurre un camiño
íón- " " " construcción (CASILLA-casa aillada.
-toponimos derivados da vida agricola (EIDOS-terras de cultivo

torneiros

me gustaria que el alcalde que quede se diera una buelta `por el barrio de torneiros para ver
las casrreteras estrechas que tenemos y despues se diera otra buelta para ver que pasa con el
saneamiento sacando esto vivo en un pueblo muy tranquilo pero me gustaria vivir con una mejor calidad para todos esto que estoy reclamando es bueno para dodos .

Paseo por as marxes do rio Louro

Hola a todo@s:
Estou no curso de "Rede de Dinamización", e o noso monitor Miguel pidenos que publiquemos o que queiramos neste blog.
Ocurreseme falar do paseo que fixe este sábado coas miñas irmas e as nosas cadelas por as marxes do rio Louro.
E unha idea bastante boa e fermosa, pero ainda queda moito que facer. Mirei que a parte das marxes que habería que rematalas mellor, falta unha ponte para cruzar dunha marxe a outra, pois como vivimos preto do matadeiro a outra marxe, non pudemos cruzar e tivemos que volver sobre os nosos pasos para ir a nosa casa.
Pero o que mais me preocupou foi que o interior do rio vai ainda moi sucio, cheira mal e ademais decatamonos que hay algunha empresa a altura de Atios que fai vertidos contaminantes e tamen algún colector veciñal o mesmo.
Despídome esperando que nun futuro próximo poidan solucionar estas anormalidades.
Saudos,

31/5/07

cursillo de informatica


Un obradoiro mais (ou menos)


Onte rematamos un curso mais de iniciación a internet para as ANPAS. Os obradoiros van pasando un detrás do outro, e con eles os seus participantes. A verdade é que moitas veces da pena sobre todo polos bos momentos pasados. Aquí vos deixo unha foto dos asistentes (mágoa que Beli non puidera vir o último día), el@s son de esquerda a dereita, Miguel, Begoña, Ángeles (agachada), Begoña, Nunci e Antonio. Un saúdo a tod@s el@s e lembrarvos que para calquer dúbida ou consulta xa sabedes como localizarme, estarei encantado de atendervos. Para iso estou.

29/5/07


¡ GUAPOS !

28/5/07

Malvela

No Val da Louriña, no concello de Mos, na parroquia de Sanguiñeda formouse un grupo de mulleres Rurais que se fan chamar Malvela.
E comezando como un cursiño para cantar entre elas ,dirixido por Uxía Senlle foise formando este precioso grupo de mulleres cheas de vivenzas e alegría.
De tal forma que se lanzaron a grabar o seu primeiro disco chamado "O pano no me namora", o cal tivo moito éxito.Pois é moi alegre.
Pro Nadal animaronse a grabar un de paixoliñas co nome "O Aghinaldo",e con el un DVD grabado con elas que quedou moi cercano a todos para poder recordar os antigos Nadales da nosa Terra.
E agora acaban de editar o terceiro CD con DVD chamado "Da tua xanela a miña".

O DVD o cal vin gustoume pois esta feito con moito agarimo.E o CD está arranxado con esmero e arroupado cuns acompañantes en voces e música excelentes, entre outros atopamos a Uxía, Treixadura,Mercedes Peón, Caruncho, Canario de Viana, e unha canción cos seus netos de 4 a 12 anos moi bonita para o recordo.
So decir ; gracias a miña nai Silvina, pois formando parte de Malvela ,o que vivides e disfrutades hoxe o deixades nas nosas memorias, ollos e corazón para sempre.

E sin darse conta estades enriquecendo a nosa cultura.
Unha lembranza especial a Matilde
NORABOA MALVELA.

25/5/07

Unha Pinga de Pasado

O 26 de Setembro do 1908, coincidindo coa festa patronal de Santo Cristo celebrouse a inaguración do suministro e alumeado eléctrico da vila.
As esmorecidas ou febles luces de gas deixaban paso ao invento de Edison cunha iluminación formada por 7oo lámpadas que adornaban a capela.
Esta obra culminou un ano mais tarde no barrio de San Benito.

MUIÑOS DE AUGA

¿Qué son?

O muiño hidráulico é unha máquina que utiliza a forza da auga do río para moer gran. A forza da auga fai mover dúas grandes pedras e no medio o gran convértese en fariña (sexa de centeo,trigo ou millo).


Tipos

Os muiños reciben varias clasificacións segundo sexan "de cubo" ou "de canle". Os de canle son máis frecuentes. Nos "de cubo", antes de entrar a auga, teñen un pozo de tres ou catro metros onde se encora a auga, para saír logo con presión (utilízase en ríos de pouco caudal). O normal é un sistema mixto.
Os muiños poden ser comunitarios. Neste caso cada veciño/a dispón dunhas horas prefixadas para usalo e reciben o nome de muiños de herdeiros. Tamén poden ser de propiedade particular e entón reciben o nome de maquías por chamarse así a cantidade de gran que cobran por moer. A maquía era sobre unha libra (600 grs. por cada once kilos).

RESTAURACION DOS MUIÑOS DO PORRIÑO POLAS ESCOLAS OBRADOIRO

No Porriño temos case un centenar de muíños catalogados, a maioria de mais de 100 anos. Están espallados polas parroquias de Cans, Budiño, Atios, Mosende, Pontellas e Chenlo. No ano 2001 organizaronse as Escolas Obradoiro e Obradoiros de Emprego, destinadas a formación de homes e mulleres, a maioría mulleres, nas especialidades de cantería, carpintería, albanelería, e medio ambiente-forestal. Un dos traballos realizados por estes Obradoiros e a restauración dos muíños. Levan restaurados 43 muíños. En Atios levan restaurados 7 muíños, situados nos "Muíños do Castro". En Budiño 7 muíños situados nos "Muíños do Cotiño". E arranxaron a maquinaria dos Muíños da Coxa e do Cotiño. No muíño de Carreira destacan os 15 metros canalización de pedra. En Cans 5 muíños situados nos "Muíños das Laxes". Están cerca do sendeiro das Greas. En Pontellas 7 muíños situados nos "Muíños do Outeiro".Os Muíños Costeira de Arriba e Costeira de Arriba están reconstruídos nunha ladeira cunha pendente pronunciada. En Chenlo 8 muíños situados nos "Muíños de Filgueiras", arredor do río Vello. En Mosende 9 muíños situados nos "Muíños de Costeira", que se atopan no monte da Cañota. Estes muíños teñen forma de cubo cilíndrico, que dende o punto de vista arquitectónico, sexan os de maior valor e maior interese. UN POBO QUE NON COIDA O SEU PATRIMONIO, ESQUECE A SÚA HISTORIA.

Como funcionan os muíños das parroquias do porriño

Pezas do muíño
  1. Canle
  2. Inferno
  3. Arrieiro
  4. Rodicio
  5. Touzo
  6. Beo
  7. Moa
  8. Segorella
  9. Moega
  10. Espicela
  11. Abella
  12. Quenlla
  13. Tarabelo
  14. Cruz
  15. Erguedoiro

¿Como funcionan?

A forza da auga que entra pola canle(1)

Move o rodicio(5)

Ao chocar coas súas aspas.Transmitíndose así un movemento de rotación a través do touzo

e o beo (6,7)

Que logra facer xirar a moa (9)

O gran depositado na moega(11)

Baixa pola quenlla(14)

Lixeiramente balanceada polo tarabelo(15)

E remata triturado entre estas dúas pedras.

O río recóllese nunha presa, logo desvíase por un rego ata un tanque por onde a auga

penetra con forza no muíño para mover o rodicio.

Normalmente faise tamén un quebradoiro para desviar outrar vez a auga ao río.

Valor Etnográfico Dos Muíños Do Porriño


Normalmente os muíños están en paraxes de montes sen construcións preto, e o muíño implicou un cambio radical da zona ao ter que facer camiños,presa acceso,modificacións do río,etc.
Os muíños foron moi importantes na economía e no desenvolvemento da vida nas aldeas,así como do seu folclore,e das súas lendas. No muíño xurdiron cancións, refráns, contos e ata una danza:" a muiñeira". Unha muiñada era unha antiga Xuntanza festiva de mozos e mozas en torno os muíños , mentres se esperaba pola vez para moer.
Trátase polo tanto dun patrimonio que non se debe perder. Un pobo que non coida o seu patrimonio , esquece a súa historia. Por iso é de destacar a influencia que historicamente tivo a instalación dun muíño nunha zona do río .

Escola Municipal de Música

A escola Municipal de Música é heredeira do desaparecido Conservatorio. Está dirixida na actualidade por Carlos González Crespo.
Esta escola cumpre unha función moi importante na vila, xa que ata o momento da súa apertura non existía ningún centro de ensino que ofrecese estudos musicais.
Por iso dende este blog, un grupo de nais, pais e usuarios da escola, solicitamos ao Concello que remedie a maior brevedade as moitas deficiencias que ten a escola e medie coa Xunta do establecemento da titulación oficial do grao elemental e grao medio.

22/5/07

Fin de obradoiro



Hoxe remata o primeiro obradoiro de iniciación a internet no Porriño, por ese motivo e por imitación dos nosos veciños de Mos, participantes do blog, publicamos esta foto cos asistentes ao obradoiro. El@s son Margot, Raquel, Mely (no colo de Margot), Josefa, Miguel (o dinamizador) e Mónica. Mágoa polos que faltaron hoxe, un saúdo a eles, noraboa a Mely pola memoria usb e gracias a tod@s por faceres tan agradable este obradoiro.

14/5/07

Saudos dende Mos

Ola a tod@s!! Quero felicitarvos polo blog que estades elaborando, vese que lle poñedes interese ao que facedes. En Mos xa vos estamos lendo e intentaremos que esta semá xa teñades algún comentario aos vosos posts :)

Quero recordarvos que este xoves é o día das Letras Galegas pero tamén o día Internacional de Internet, por certo, que actividades tendes preparadas en Porriño para ese día?

Un saudo e noraboa outra vez polo voso esforzo e dedicación a este proxecto.

10/5/07

O GALEGO NA ESCOLA: Internet/galego.

Coincidencias: curiosamente este ano coincide o día das letras galegas co "día mundial de internet".
Nas comunidades educativas do noso entorno xeográfico xa comenzaron a "celebralo".

ANTONIO PALACIOS 4


Este pavillón de acceso ó "Metro" situado na Gran Vía madrileña, trasládase a O Porriño no ano 1971, despois dunha campaña de protesta iniciada polo arquitecto Carlos de Miguel, director da revista Arquitectura e polo Colexio de Arquitectos de Madrid, ó decidi-la Compañía do Metropolitano prescindir do mesmo, o que implicaba a súa desaparición.

Cursos informáticos

Estos cursos estan moi bien son unha experencia moi bonita porque aprendes moitas cousas e fas compañeiras aprendemos a mandar correos e entrar en páxinas e moitas cousas mais.

ANTONIO PALACIOS 3


A Fonte do Cristo é obra de Antonio Palacios (1874-1945), e foi proxectada no 1904. Aséntase nunha pequena prazoletiña homónima en recordo dun antigo cruceiro situado no lugar que actualmente ocupa a fonte e que hoxe en día está disposto na praza que se estende ás súas costas. A construcción da fonte enmárcase dentro do programa de melloramento do espacio urbano da vila porriñesa, posibilitado pola doazón que Servando Ramilo Nieves fai no ano 1899 dunha franxa de terreo a redor da Capela do Cristo para uso comunitario, sufragando, ademais, a construcción do quiosco de música, de árbores e bancos, acadando a Praza do Cristo a súa configuración actual.

ANTONIO PALACIOS 2


O edificio do Concello do Porriño (1919-1924) é a obra máis importante de Antonio Palacios na súa vila natal. Este proxecto debeu ter un significado especial para o arquitecto, xa que ademais de ser nel onde concreta por primeira vez unha arquitectura que consideraba de raíces galegas, foi unha obra dedicada á súa nai. A idea da construcción dun novo edificio ven dada polo estado ruinoso que presentaba a vella casa consistorial, erguéndose a nova edificación no solar onda se localizaba o vello edificio do Concello.

ANPA "A Oliveira"

Onte no CEIP. XOSÉ FDEZ. LÓPEZ houbo unha reunión da ANPA "A Oliveira" para tratar temas de grande interese para a comunidade educativa deste colexio.
Unha das preocupacións máis comentadas foi a renovación da xunta directiva, que non acadou unha resolución positiva.

O PORRIÑO NO TEMPO

Acontecementos históricos do porriño.
1470 - D.Manuel Bueno funda o pobo de Pontellas.No ano 1479 funda a "Casa do Agro"
1516- Aparece por primeira vez o nome de Porriño expresado nunha escritura publica.
1788- No barrio dos Aloques existía unha casiña de planta baixa, adicada á elaboración
de pan. No ano 1820 o pan do Porriño adquiria fama en tódolos pobos á redonda.
1809- Batalla do "Fungueiro" contra as tropas de Napoleón. O pobo de Torneiros, defendeuse
valentemente.
1878- Chega por primeira vez o tren ó Porriño.
1898- Empeza as obras da " Capela do Cristo " que rematan no ano 1899
1906- Pavimentan con adoquins a calle Real, hoxe chamada Ramón González e Manuel Rodríguez.
1908- A víspera da Festa do Cristo inagurase o alumbrado electrico, deixando de lado as luces de gas.
1916- Ábrese o primeiro cine,ó que chaman, " Teatro Cine Carrera ".
1924- Inaguración da actual " Casa do Concello " obra de Antonio Palacios.
1928- Inaguracion do Matadeiro.
1939- Creación dos laboratorios Zeltia.
a

CURSIÑO DE RELAXACIÓN NO CENTRO SOCIAL

Hoxe comenza un cursiño de "Relaxación. Control do estrés e a ansiedade en época de exames", no Centro Social do Porriño, de 7 a 9 da tarde para persoas maiores de 14 anos. Xa sabedes, si queredes facer un alto no estudio e aprender unhas boas técnicas que vos axudarán no futuro, non dubidedes en apuntarvos e participar.

OS PORRIÑESES

Teño que escribir algo sobre O Porriño, o meu pobo. Podería escribir dos seus personaxes ilustres, que os ten, como o aquitecto Antonio Palacios; ou da súa natureza e faría referencia ás Gándaras de Budiño, un espacio natural protexido, de gran importancia ecolóxica. Tamén da súa gastonomía e ahí teríamos ós seus afamados callos ou a bola de pan.

Pero sobre estos temas xa teñen escrito moitas persoas moito máis cualificadas ca min.Por iso, simplemente, o que vou a facer é dar unhas pinceladas acerca de cómo eu creo que somos os porriñeses.

Penso que somos un pobo aberto, acolledor, onde ninguén é forasteiro. Isto pode ser debido a nosa situación xeográfica, de encrucillada de camiños, que fai de nós xente acostumada a recibir viaxeiros e a súa vez a ir e vir por esos camiños que cruzan o noso concello, traendo e levando costumes e experiencias doutros lugares.

Tamén somos traballadores, xente laboriosa que co seu esforzo cotián somos capaces de levar o noso pobo adiante, cando as cousas non veñen ben.

A EDUCACIÓN DOS NOSOS FILLOS

Onte, día 9 de maio foi convocada unha reunión no colexio Fdez. López pola Asociación de pais de alumnos para mostrar cómo están as contas, e algunhas cousiñas máis.

Teño entendido que hai sobre uns 205 socios, polo tanto imaxinaredes que deberían asistir a reunión bastantes persoas. Pois ben, seriamos unhas 20 persoas.

Había dúas convocatorias. e os que chegamos para a primeira tivemos que esperar a segunda para empezar pq non había xente.

3 das integrantes da Asociación deixan o cargo este mes, e pediuse xente nova para ocupar os seus postos cara o vindeiro curso. Polo de agora ninguén se ofreceu.

Despois comentaron a intención de conseguir uns chandals para todos os nenos do colexio, para as clases de ximnasia e para as saídas fora do colexio. Deron os prezos máis económicos que poideran conseguir, e avisando que poderían sair máis baratos se se conseguen subvencións.
Algún pai xa dixo que non e outro que sí.

De todas maneiras, farase un sondeo para saber qué opina a maioría. Non hai nada decidido.

O que me parece máis preocupante de todo isto é que apareceran estas poucas persoas, e imaxinaredes que non son suficientes para tomar decisións. Veremos en qué queda a cousa.

ANTONIO PALACIOS 1

Imos publicar una serie de obras do afamado arquitecto Antonio Palacios, esperemos que vos interese velaí vai a primeira parte.

Obra de Antonio palacios (1874-1945) rematada no ano 1912 como farmacia e vivenda do seu irmán José Palacios nun pequeno solar situado no ángulo da Rúa Servando Ramilo co Parque do Cristo. Palacios deseña unha obra sinxela pero chea de modernidade que fai dubidar do matiz monumentalista do que sempre foi acusado. Esta pequena farmacia amosa tamén a grande facilidade do arquitecto para amoldarse a cada situación.

7/5/07

Benvidos

!!! Benvidos a todos !!! Hoxe comeza a editarse esta bitácora que falará sobre o concello do Porriño en tódolos seus eidos: historia, tradicións, personaxes ilustres, novas...

Serán os propios cidadáns do concello, que participen nas actividades relacionadas con internet da rede de dinamización, os que fagan as publicacións.

Este blog ten como punto de partida a celebración o vindeiro día 17 de maio do Día das Letras Galegas, do Día de Internet e do día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.

O noso esforzo centrarase en conectar dous concellos como son o de Mos e o de O Porriño e crear unha ligazón on-line entre os seus veciños a través dos posts que cada semana iremos engadindo.

A todos aqueles que vaiades aportando as vosas inquedanzas neste espazo moitas grazas e sorte.