18/7/07

AS FAROLAS VELLAS DO PORRIÑO

Esta e unha opinión para que alguén do Concello me faga algun caso.Fai alguns días que asistindo a un curso no Centro Neural, decateime que o lado dunhas xardineiras con plantas moi fermosas, estaban pousadas as vellas farolas que retiraron do centro do Porriño.
Penso que as novas quedaron bastante ben no novo deseño do centro peatonalizado, pero non me gustaría pensar que as vellas morrerán ahi pudrindose co óxido, cando poderían ter unha segunda oportunidade de reciclaxe pois non parecen estar tan mal de uso.
Tamén entereime de que algunha Asociación de Veciños pediunas para o patio/fachada do seu local. Sabemos que si todalas Asociacións de Porriño as quixeran para si, non chegarían para todos, pero si se reparten as farolas para as que mais as necesiten, noutro día se compensaría as Asociacións que quedaron sin as farolas con outro tipo de mobiliario a reciclar.
"Por favor, non deixedes que se corroan co óxido".

No hay comentarios: