No Val da Louriña, no concello de Mos, na parroquia de Sanguiñeda formouse un grupo de mulleres Rurais que se fan chamar Malvela.
E comezando como un cursiño para cantar entre elas ,dirixido por Uxía Senlle foise formando este precioso grupo de mulleres cheas de vivenzas e alegría.
De tal forma que se lanzaron a grabar o seu primeiro disco chamado "O pano no me namora", o cal tivo moito éxito.Pois é moi alegre.
Pro Nadal animaronse a grabar un de paixoliñas co nome "O Aghinaldo",e con el un DVD grabado con elas que quedou moi cercano a todos para poder recordar os antigos Nadales da nosa Terra.
E agora acaban de editar o terceiro CD con DVD chamado "Da tua xanela a miña".
O DVD o cal vin gustoume pois esta feito con moito agarimo.E o CD está arranxado con esmero e arroupado cuns acompañantes en voces e música excelentes, entre outros atopamos a Uxía, Treixadura,Mercedes Peón, Caruncho, Canario de Viana, e unha canción cos seus netos de 4 a 12 anos moi bonita para o recordo.
So decir ; gracias a miña nai Silvina, pois formando parte de Malvela ,o que vivides e disfrutades hoxe o deixades nas nosas memorias, ollos e corazón para sempre.
E sin darse conta estades enriquecendo a nosa cultura.
Unha lembranza especial a Matilde
NORABOA MALVELA.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Tiven a oportunidade de escoitar a Malvela este verán en directo.
É todo un gusto para os oídos e para a vista.
Non me extraña que te sintas tan orgullosa delas. Ver a un grupo tan unido, con tanta ilusión e tan cercano á xente é todo un exemplo a seguir.
Publicar un comentario