No Porriño temos case un centenar de muíños catalogados, a maioria de mais de 100 anos. Están espallados polas parroquias de Cans, Budiño, Atios, Mosende, Pontellas e Chenlo. No ano 2001 organizaronse as Escolas Obradoiro e Obradoiros de Emprego, destinadas a formación de homes e mulleres, a maioría mulleres, nas especialidades de cantería, carpintería, albanelería, e medio ambiente-forestal. Un dos traballos realizados por estes Obradoiros e a restauración dos muíños. Levan restaurados 43 muíños. En Atios levan restaurados 7 muíños, situados nos "Muíños do Castro". En Budiño 7 muíños situados nos "Muíños do Cotiño". E arranxaron a maquinaria dos Muíños da Coxa e do Cotiño. No muíño de Carreira destacan os 15 metros canalización de pedra. En Cans 5 muíños situados nos "Muíños das Laxes". Están cerca do sendeiro das Greas. En Pontellas 7 muíños situados nos "Muíños do Outeiro".Os Muíños Costeira de Arriba e Costeira de Arriba están reconstruídos nunha ladeira cunha pendente pronunciada. En Chenlo 8 muíños situados nos "Muíños de Filgueiras", arredor do río Vello. En Mosende 9 muíños situados nos "Muíños de Costeira", que se atopan no monte da Cañota. Estes muíños teñen forma de cubo cilíndrico, que dende o punto de vista arquitectónico, sexan os de maior valor e maior interese. UN POBO QUE NON COIDA O SEU PATRIMONIO, ESQUECE A SÚA HISTORIA.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
A capacidade de memoria constitúe un dos valores máis prezados do ser humano;unha oportunidade de aprendizaxe individual e tamén colectiva.
Publicar un comentario